top of page

[COMUNICADO ANIVERSÁRIO REAL / ALTO ALMIRANTAZGO]

Desde o momento mesmo do Seu alumbramento, D. Froilán III da Galiza e I de Begonte tivo que soportar as chufas e as mofas do felipesextismo concatenado, comezando po-lo seu próprio e ingrato pai quen, hai exactamente agora 18 anos, non esitou en caracteriza-lo como "idéntico à nai o povre" abrindo a caixa de Pandoura da estigamatizazón do miudo de por vida, e fixo isto nada menos que ante a imprensa felipesextista, ávida sempre da xudre aristocrática.

Foi Don Froilán, pois, percebido desde o berce como unha ameaza pra os intereses espúreos do Seu tio, Felipe o Advenedizo, quen accedeu ao trono do Reino de Taifas viciño con malas artes, xa que este ígnaro personaxe sendo o benxamín na sua camada e, pra alén, ao ter casado morganáticamente deberia ter perdido definitivamente, en boa e vixente lei, todo direito a reclamar o trono. Pero que mais ten, se as leises pequeno-imperiais, ainda as rubricadas por Carlos III están ai para salta-las segun quen.

A pesar de todo o seu maquiavelismo, o Advenedizo sabia-se unido ao trono por un fio de embustes demasiado feble. Sendo D. Froilán o primeiro varón e fillo da primoxénita de Juan Carlos, o contubérnio felipesextista non demorou en dar coa triquiñuela definitiva pra arogar-se a hexemonia na liña sucesória do trono pequeno-imperial e relegar, coa mesma, a Froilán o Verdadeiro a un discreto 5º posto. O taimado tio Felipe anunciava que mudaria a Sacrosanta e Virxínea Constituizón Española pra que o cromosoma non pesare en diante na orden sucesória, sempre sen efecto retro-activo, favorecendo asi à sua própria e deturpada linaxe frente ao sangue puro e nobre de Don Froilán III O Libertador.

Mentres todo isto sucedia en colónias, no Moi Antergo Reino da Galiza, baróns e baronesas patrióticos e leais, atentas à xogada, alzamo-nos ese mesmo dia e iniciamos a Reconquista do Reino da Galiza, encamiñamo-nos con nobre esforzo e denodado afán a recoperar o noso Antigo e moi lexítimo Reino, o primeiro de Europa, e sentar no trono a D. Froilán, fillo de Elena, o Terceiro do Seu Nome pois se non o queren na España, quereremo-lo nós na Galiza. Non seria a primeira vez.

Así pois, no Sagrado dia de hoxe, D. Froilán fai a maioria de idade e, sexamos Realistas, desde este momento unha simples palavra Sua abondaria pra que Galiza recopere a Sua Esbanxada Soberania. Asi de caprichosa pode ser a História. Nós, po-la mesma, advertimos que no Partido Froilanista, havemos exixir resultados, Alteza! À Sua magna prudéncia e infinda sabiduria humildemente apelamos, oh Maxestade! Mostre-se à altura da Misión Histórica que lle foi encomendada. Aproveite a oportunidade que se Lle apresenta. E reclame para Si o que é Seu por Nacemento. Contará sempre cos Seus leais vasalos e vasalesas do Partido Froilanista.

VIVA GALIZA CEIVE!! VIVA O REI!! VIVA FROILÁN!!

QUEDAN DECRETADOS 6 DIAS DE FEIRA...

<Alto Almirantazgo do Partido Froilanista>


Featured Posts
Recent Posts
Search By Tags
No tags yet.
Follow Us
  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic
bottom of page