top of page

[DIA DA RESTAURAZÓN / PUTO CORO]

Desde o Partido Froilanista comprace-nos convidar a toda a nosa militáncia na Comandáncia de Betanzos a achegar-se até a Capitania de Ferrol a celebrar o Dia da Restaurazón que entre todos nos temos dado.

Tal dia coma hoxe, partia-se en Madrid a Tarta Magna, levando unha xenerosa porzón a casa de Borbón y Dos Sicilias, destacada rama da Dinastia dos Capétiens á cal pertenze o noso Benamado Redentor D. Froilán III da Galiza e I de Begonte, o Conquistador. E pra fonrar tal efeméride ninguén mellor que o Puto Coro do Exército Froilanista, en xira po-las 7 Comandáncias +2, que hoxe recalarán no cuartel xeneral de Artábria, na Capitania de Ferrol, às portas de Bazán. O Puto Coro interpretará a primeira Ópera Punk baseada en feitos Reais "Pincho Moruno, cargado de futuro", auténtico fenómeno andergraund da tempada. A asisténcia demostrável (con fotos, vídeos, etc) puntua pra a promozón interna na nosa Organizazón. Mais info na páxina do cuartel xeneral de Artábria http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/ ........... Segue-nos en https://www.facebook.com/parido.froilanista e na web en: http://partidofroilanista.wix.com/oficial rexeita imitazóns!

Featured Posts
Recent Posts
Search By Tags
No tags yet.
Follow Us
  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic
bottom of page