O Froilanismo é o Novo Situacionismo
- Secretariado de Axitazón, Formazón e Propaganda
- Nov 9, 2015
- 1 min read
[FROILANISMO / SITUACIONISMO] O camarada Santiago Jaureguizar adica-nos estas bonitísimas palabras que nos enchen de orgullo e satisfaizón: "Os únicos capaces de comprender o estado das cousas no noso país foron os partidarios de Froilán III, que piden a coroa para o sobriño do rei Felipe. Eles entenden que vivimos na política do espectáculo e anda recreándoa con humor. Debord recoñeceríaos como novos situacionistas. Espero que presenten candidatura. Que conten cun voto."

Desta volta no 20D non vamos apresentar candidatura, po-lo menos no território do Reino de Galiza (non descartamos apresentar-nos ao senado, que é unha instituzón de moito tronio, ou apoiar candidaturas monicreque nas colónias) Mas podemos adiantar que andamos a perxeñar unha Marea Bribona e mais un Nós-Monarquia Galega- Iniciativa po-la Froilanidade con intenzón de minifundizar ainda mais o nunca suficientemente atomizado voto plebeio, e asi asaltarmos San Caetano. Mais difícil era sair no Sálvame e mira ti...