top of page

Quen vimos sendo?

TODO CRISTO VEÑA A FALAR NOSA!

 

Pero din verdade?

Contamos-che a verdade sobre a nosa Organizazón e o Movimento Lexitimista

 

En poucas palabras, quen vimos sendo?

 

O Partido Froilanista fundouse o 2 de xuño de 2014, dia en que Juancar I de España anuncia a sua abdicazón no seu benxamín Felipe, en troques de na sua primoxénita Elena, duquesa de Lugo, facendo valer a Lei Sálica no seu capítulo das sucesóns e agravando as aspirazóns ao trono do Reino de Taifas viciño do fillo de tan nobre señora, e à sazón herdeiro do ducado (así denominado po-la feroz doctrina castradora felipesextista)

Ante tal agrávio, un nutrido grupo de patriotas decidimos auto-organizar-nos e constituir-nos en partido político e comprometer-nos na reconquista dos direitos usurpados ao noso reino, comezando po-lo direito a ser tiranizados por un sátrapa de noso. D. Froilán foi a unánime escolla de Deus, o povo e o contumaz cromosoma 21 dos Habsburgo.



Noso alvo, restituir a dignidade á coroa de Galiza.

Froilan III e o elexido pra tan nobre tarefa e nel depositamos as nosas xustas aspirazons historicas de xeito inmediato. Por descontado, se o mozo non cumpre a espectativa e desaproveita a oportunidade histórica que se lle ofereze no Reino de Galiza, este partido pasará a volver-se Anti-Froilanista ou Federiquista, provando fortuna apoiando á sua irmá pequena, Dona Vitória Federica, que parece unha persoa ben sensata.

bottom of page